ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A neve envolve a comarca de Valdeorras

 

Cun abundante manto de neve volvían espertar neste sábado 5 de decembro moitos pobos da montaña de Valdeorras. É o caso de Riomao, no concello da Veiga onde a nevada, que aínda seguía caendo durante a mañá, deixaba fermosas e brancas estampas como as que aquí publicamos.

Noutros puntos da comarca, como A Rúa, Vilamartín ou O Barco, a neve non callou pero si baixaba moito a cota, cubrindo boa parte das montañas que os bordean.

As dúas primeiras imaxe da galería corresponden a Riomao, mentres que o resto son dos montes da Rúa e O Barco.

 

 

 

 

 

Fotos: Cedidas/ Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button