ConcellosEn portadaÚltima hora

A neve mantense na montaña ourensá e complica o transporte escolar en 4 centros educativos

 

Continúan as nevadas na montaña ourensá. A Axencia Estatal de Meteoloroxía (Aemet) mantén activado o aviso amarelo por neva nesta zona da provincia e tamén no sur da mesma. A circulación continúa sendo complicada na OU-122 á altura de Casaio (Carballeda de Valdeorras) dende o km 11 ao km 26 (en ambos sentidos) e mantense a prohibición de que circulen camións e articulados, segundo a Dirección Xeral de Tráfico.

A neve tamén lle afectou aos escolares dalgúns centros educativos da provincia que esta mañá non puideron chegar aos centros. Así, segundo informa a Xunta, non se suspenderon as clases en ningún centro, pero si se viron afectados pola neve un total de 42 alumnos de catro centros: 3 do CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas, 7 do CEIP Eduardo Ávila Bustillo da Veiga, 18 do CEIP Bibei de Viana e 14 do IES Carlos Casares, tamén de Viana do Bolo.

No caso da montaña lucense víanse afectados pola neve 822 alumnos de 17 centros. As clases suspendéronse en 15 centros.

Nesta galería de fotos poden verse diversas imaxes da nevada na estrada OU-122 de Casaio a Fonte da Cova.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button