En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A neve regresa á montaña ourensá

Completamente cuberto de neve está o acceso á Estación de Montaña de Manzaneda, tal e como pode comprobarse nestas imaxes tomadas pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda nesta mañá de luns 2 de marzo.

Dende Protección Civil recomendan que os vehículos empreguen “cadeas entre os 1.000 e 1.500m de altitude, polo que hai que levalas se se van facer desprazamentos pola zona ou naquelas estradas locais mais elevadas da montaña das provincias de Lugo e Ourense”.

Tamén se recorda ao longo deste luns “estaremos en aviso amarelo por nevadas, esperándose acumulación de 5 ou máis cm, por riba dos 900 m de altitude. Esta neve virá acompañada por fortes ventos, especialmente durante a mañá deste luns, polo que se aconsella extremar as precaucións”.

Artigos relacionados

Back to top button