ConcellosÚltima hora

A nova alcaldesa de Petín, Raquel Bautista, reúnese co presidente da Confederación do Miño-Sil

O encontro produciuse nesta mañá do 9 de xullo nunha reunión en Ourense

Raquel Bautista, a nova alcaldesa de Petín, reuníase nesta mañá do 9 de xullo co presidente da CHMS, José Antonio Quiroga. Neste encontro a alcaldesa solicitou a colaboración do organismo en varios temas fundamentais para mellorar a calidade de vida dos veciños.

 

A alcaldesa de Petín e o presidente da CHMS durante a reunión.

 

Os principais temas que se trataron na reunión foron a construción dunha pasarela no encoro de San Martín, a cal uniría as localidades de Petín e A Rúa; e a proxección dun paseo pola marxe dereita do mesmo encoro.

Así, o presidente da CHMS comprometeuse a estudiar a viabilidade das peticións co seu equipo para dar resposta o antes posible á demanda do concello.

Texto: Alba Prada

Artigos relacionados

Back to top button