EconomíaEconomíaÚltima hora

A nova Asociación de Hostaleiros da Limia xa ten xunta directiva

Decidíase na súa terceira xuntanza e estará formada por 6 persoas. Os cargos que ocuparán serán consensuados por eles mesmos

De esquerda a dereita Víctor Rodríguez, Sandra Fernández, Alberto Rúa, Carmen Losada e Adrián Meno, membros da xunta directiva en funcións da Asociación de Hostaleiros da Limia./ Foto cedida.

 

Continúa dando novos pasos o proceso de posta en marcha da Asociación de Hostaleiros da Limia. Na tarde do 24 de novembro os seus promotores mantiñan unha nova xuntanza no salón de plenos do Concello de Xinzo. É a terceira que se celebra para a posta en marcha deste colectivo e tiña unha asistencia dunha 30 de hostaleiros.

Neste encontro decidíase quen conformará a súa xunta directiva, de forma voluntaria. A proposta foi aceptada por unanimidade. Serán deste modo, Alberto Rúa, Víctor Rodríguez, Carmen María Losada, Sandra Fernandez, Víctor Manuel Penín e Adrián Gómez os membros deste equipo, !a falta de coñecer os cargos que ostentarán, que serán consensados entre eles mesmos”, segundo infomran dende a asociación.

Así mesmo acordouse a normativa interna que desenvolverá a forma de traballo da asociación, tamén por uninamidade, e a creación de cinco coordinacións de traballo “que representarán os eidos máis significativos da asociación como son administración, tesouraría, relacións externas, comunicación e programación e estarán conformadas por varios asociados que traballarán conxuntamente para as mesmas”, adiantan dende a entidade.

Outro dos acordos tomados na xuntanza foi “traballar por comisións para levar a cabo as diferentes accións e actividades que a asociación pretenda desenvolver creando na mesma reunión dúas das primeiras comisións que verán a luz: unha para deseñar unha campaña de recollida de xoguetes, que serán doados no Nadal a asociacións de apoio ós menores, e outra comisión que estableza un diálogo co Concello para conseguir melloras no tocante a normativas municipais que, segundo os asociados, deben ser reformuladas e actualizadas ó tempo que estamos a vivir”, indica a entidade.

A Asociación de Hostaleiros da Limia ten claro que este é o momento “para tomar cartas sobre o asunto e facerse valer dunha vez por todas, sendo autónoma e con capacidade propia de facerse ouvir fronte a outros colectivos e administracións, cun claro obxectivo común, latente na unión que está a presentar este sector con este tipo de accións”, destaca.

Ao longo das tres xuntanzas mantidas polo colectivo estase a demostrar o “interese palpable e a necesidade de cambio nun eido profesional que apenas viu apoios polas administracións nin avances no seu devir o longo de moitos anos”, tal e como indica a asociación.

Artigos relacionados

Back to top button