ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A nova campaña de Gadis chega ao Barco

Baixo o lema de “Vivamos como galegos”, un camión con xogos, premios e  unha exposición estará durante o día de hoxe, 15 de xullo, no campo da festa do Malecón do Barco

A nova campaña de Gadis “A Maxia do Noso” chega ao Barco en forma de tráiler. Estará durante todo o día de hoxe, 15 de xullo, no campo da festa do Malecón do Barco con multitude de xogos, premios e unha exposición.

Así, o primeiro que se atopa é a “cumbia verbeneira”, onde os asistentes se poden sacar unha foto cuxos quince primeiros participantes levarán unha bolsa de agasallo. Ademais, todos os que se acheguen levarán un número para participar no sorteo de 22 entradas dobres do Festival de la Luz en Boimorto (A Coruña).

Dentro do tráiler hai diferentes zonas. A primeira delas é un “libro máxico”, onde se proxecta o anuncio de Gadis deste 2019. Outra delas é o “test repunantiño”, un xogo interactivo de preguntas variadas sobre temas galegos como o Xabarín Club, a santa compaña, etc.

 

O “test repunantiño”.

 

Por outra banda, o futbolín é unha peza presente nas campañas de todos os anos, xa que é unha creación galega e formou parte da súa primeira campaña. Así, o máis novidoso é unha escape room para a toda a familia, cunha duración de 15 minutos. Así, esta actividade hai que reservala no mesmo trailer ou vía online en https://www.vivamoscomogalegos.com/

Na parte de arriba do camión atópase a exposición de todas as campañas de Gadis, con carteis dos doce anuncios, os premios que conseguiron e unha proxección de todos eles. Ademais, os asistentes tamén poderán desfrutar dunha terraza, que dado o lugar onde está situado o camión, ten vistas ao río Sil.

 

Exposición das campañas.

Por último, o photocall tamén trae un sorteo, xa que sacando unha foto e colgandoa nas redes sociais co hashtag #EuCreoNoNoso, pódense gañar 3 entradas para un escape room.

Texto e fotos: Alba Prada

 

Artigos relacionados

Back to top button