SanidadeÚltima hora

A nova cociña central do Hospital Universitario de Ourense comezará a funcionar o próximo xoves

Para o equipamento e adaptación das novas instalacións o Servizo Galego de Saúde (Sergas) investíu un orzamento total de 5.278.000 €

 

O persoal da Sección de Cociña e Alimentación do Hospital Universitario de Ourense estreará o vindeiro xoves día 12 as súas novas e modernas instalacións, desde as que se preparará xa o almorzo para todos os pacientes ingresados. “Ademais da formación do persoal e contacto cos novos equipamentos, estes últimos días realizouse en distintas unidades de hospitalización a pilotaxe do funcionamento das novas estacións de retermalización e carros de distribución, que permiten de cociña a pé de cama os menús nas condicións mais óptimas de temperatura e condicións organolepticas con todas as medidas de seguridade”, segundo se sinala dende a EOXI de Ourense, Verín e O Barco.

Tamén se indica que “as valoracións dos pacientes incluídos no piloto son do máis satisfactorio, tanto en canto a calidade da comida e á súa temperatura, como do novo equipamento de menaxe, xa que todo, vaixela, cubertos, vasos, bandexas son novas e moito mais funcionais”.

Así mesmo o xoves estrearase o novo comedor de persoal de garda, no que se servirá xa o xantar, e que vén de ser totalmente equipado, renovando mobiliario e decoración, e situado xusto ao carón da nova cociña, ben comunicado e próximo ao resto de servizos asistenciais.

Un orzamento de 5.278.000 €

Para o equipamento e adaptación das novas instalacións o Servizo Galego de Saúde (Sergas) investíu un orzamento total de 5.278.000 €. Deles 3.750.000 euros correspóndense co equipamento e instalacións, e 1.528.000 a compra dos novos carros de cociña, de distribución, estacións nodriza e vaixelas, que permitirán levar os alimentos nas mellores condicións de temperatura, organolépticas e con plena seguridade.

As novas instalacións duplican en extensión ás actuais, pasando de 700 aos 1.500 metros cadrados de superficie, con luz natural na maioría dos espazos de traballo do servizo, ademais de climatización e distribución por areas e postos de traballo, mellora moi esperada polo persoal do servizo.

1.200.000 comidas anuais

A cociña do Hospital Universitario de Ourense reparte un total de un millón dous centas mil comidas anuais, nos catro servizos que dispensa ao día, almorzo, xantar, merenda e cea, nos que o paciente ten posibilidade de elección diaria do menú cara o día seguinte.

Os produtos utilizados, sometidos a un exhaustivo control sanitario, son sempre de primeira calidade, atendendo á estacionalidade e a demanda do mercado, e na súa maioría provenientes de provedores ourensáns e galegos.

A cociña do hospital prepara, ademais do menú basal, outras trinta dietas distintas cada día, segundo sexa a patoloxía do paciente. Dando así resposta ás restricións nutricionais pautadas polo persoal sanitario que o atende, e os nutricionistas e dietistas do servizo.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close