EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

A nova colección de Jorge De Álvarez triunfa na XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

O estilista e modisto vianés vén de presentar parte do seu último traballo na que xa considera a súa casa, asegurando que "valoran o meu traballo que é o que busco"

 

Con máis de 21.000 persoas ao longo de 5 días (Semana Santa), a XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas foi todo un éxito de participación igualando a de 2019 prepandemia. Unha XXXI edición que resultou especialmente positiva e satisfactoria para Jorge De Álvarez, o xove estilista e deseñador vianés gañador do certame de Noveis Deseñadores no ano 2018, que deu o paso de Noveis a Grandes Deseñadores, presentando a súa propia colección e tamén formando parte do xurado.

Tras vestir a Tanxugueiras (no Benidorm Fest e tamén no inicio da xira ‘Midas 2022’) Jorge chegaba a Camariñas con parte da colección Empty Noise inspirada “na psicoloxía que sofre cada persoa e a guerra interna, que non podemos ver a través dos ollos, senón sentila en forma de ansiedade, depresión, bipolaridade ou indentidade de xénero”, explica o modisto, asegurando que en novembro de 2021 xa tiña feito boa parte do proxecto.

 

 

Así, sobre a pasarela da Mostra desfilaron deseños inspirados nos uniformes militares, que empregan as mesmas cores, os mesmos patróns e cortes similares nas prendas. “Un estereotipo que pretendemos romper con corte clásicos, volumes e siluetas dos anos vinte, saíndo do concepto igualitario para chegar a ser un mesmo”, di Jorge, resaltando que por suposto “o encaixe é o fío condutor do traballo”.

 

 

Un traballo que tivo unha gran acollida. “A resposta da xente en xeral e o trato por parte da organización foi perfecto, estou encantado”, asegura Jorge recoñecendo que “é como a miña segunda casa”. Insiste en que a xente o tratou moi ben, non sabe se polo “efecto Tanxugueiras” pero en calquera caso “é moi gratidicante ver que valoran o meu traballo que é o que eu busco”, di.

 

 

E trala posta de longo en Camariñas, o modisto segue traballando en máis deseños que presentará en maio en Madrid. “E despois acabarei de completala para presentala en casa, en Viana do Bolo, xa no mes de agosto”, adianta, recoñecendo que a ampliación ten moi boa pinta. “Seis modelos son moi poucos para unha colección pero estou facendo algo moi chulo”, conclúe.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button