OurenseÚltima hora

A nova conexión directa do polígono de San Cibrao coa A-52 estará en servizo en 2020

Así o adiantou hoxe a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez

 

Durante a visita.

 

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, adiantou hoxe, que a mediados de 2020, a nova conexión directa do polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52, estaría dispoñible para os veciños e transportistas. Esta obra conta cun investimento de case 22 millóns de euros.

Os adiantos desta vía foron supervisados no día de hoxe, 7 de agosto, pola conselleira e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz. Esta infraestrutura, duns 4,5 km, transcorre polos municipios de Taboadela e San Cibrao, contará 2 carrís de circulación en todo o percorrido, ao que se suma un terceiro carril en case a metade da traza.

 

 

Nesta infraestrutura, tal e como dixo a conselleira Ethel Vázquez, están xa feitas as cimentacións e executados os fustes e capiteis das pilas do viaduto, restando só os estribos e o taboleiro. A principios de setembro está previsto iniciar a montaxe do taboleiro mediante o carro lanzavigas.

Tamén está avanzado o movemento de terras en toda a traza e os traballos no resto de estruturas, e citou os 4 pasos inferiores que xa están executados, e no paso superior comezouse a escavación da cimentación dos estribos.

Artigos relacionados

Back to top button