Galerías de fotosÚltima hora

A nova vida de Ramón, un gato moi especial

 

Ramón non é un gato común e non precisamente pola raza. Ten a cara deforme, cuns olliños moi pequenos polos que case non ve e o nariz torcido que case non o deixa respirar, o que fai que  sexa moi asustadizo. Tamén ten a cola partida. Pero iso non impedíu (ou quizais foi precisamente por esa malformación) que fose adoptado por uns veciños do Barco de Valdeorras cando apenas tiña dous meses, o que moi probablemente lle salvou a vida.

 

Ramón ao pouco de chegar ao Barco.

 

“Nestas condicións non houbera sobrevivido”, explica Ángeles, a súa nai adoptiva que o recolleu en Carucedo (León) deambulando só e en moi malas condicións polo pobo. “Como case non ve, deixouse coller. Seguramente se estivera ben non o houbera levado para casa porque xa tiña outros dous gatos, pero deume moita pena”, di.

A partir dese momento a vida deste pequeno felino cambiou completamente e malia manter a súa enfermidade (probablemente de nacemento) e ser de pouco colo, Ramón é un gato feliz. Con apenas oito meses está moi grande e bota unhas boas sestas despois de comer.

 

Ramón na actualidade.

 

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button