EconomíaEconomíaÚltima hora

A nova xerente de Galicia Calidade aborda con Francisco Conde os retos deste selo

 

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantiña neste martes un encontro coa nova xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez. Na reunión tiveron ocasión de abordar os retos aos que se enfronta a marca de garantía dependente da Xunta, que na actualidade certifica produtos e servizos de máis de 140 empresas galegas.

A ourensá Ana Méndez era ata a data directora de exportación do Grupo Reboreda Morgadío, e conta cunha ampla experiencia tanto no sector agroalimentario, un dos de máis relevo dentro do selo de garantía.

Galicia Calidade leva máis de 25 anos distinguindo produtos e servizos galegos para impulsar a competitividade das empresas galegas nos mercados nacionais e internacionais, achegando confianza e seguridade aos consumidores.

Artigos relacionados

Back to top button