CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A obra “As virxes salvaxes” e a música de Milladoiro, próximas citas no Teatro Lauro Olmo do Barco

 

Teatro e música galega. Son as propostas culturais máis inmediatas das que se poderá desfrutar no Teatro Lauro Olmo do Barco. Así, para mañá venres, 4 decembro, ás 20:30h. está prevista a función “As virxes salvaxes” de Teatro do Noroeste e con texto e dirección de Eduardo Alonso.

A peza cun elenco de rostros moi coñecidos (Elina Luaces, Luma Gómez, Amalia Gómez, Imma António, Ana Santos, Manuela Varela, Miguel Pernas e Fernando González) está ambientada nun xeriátrico e constitúe, “en certo modo, unha homenaxe aos nosos maiores máis revoltosos, que utiliza as armas da comedia para criticar unha realidade, a das residencias, cada vez máis cuestionada”, tal e como se adianta dende o Departamento de Cultura do Barco.

 

Imaxe da última actuación do grupo Milladoiro no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A xira de Milladoiro recala no Barco

Tres días despois, o 7 decembro, ás 20:30h, actuará no escenario do Teatro Lauro Milladoiro, cun concerto enmarcado na xira “Desde Maeloc” coa que conmemoran os seus 40 anos de traxectoria e que patrocina o Xacobeo. A entrada de balde e o aforo máximo será de 60 localidades.

Un clásico de Ibsen

Outra das propostas máis inmediatas do programa cultural do Barco será a obra “1879, Casa de Bonecas” de Henrik Ibsen e representada por Estudo Momento. É un clásico sobre a independencia da muller que trae Estudo Momento, protagonizado por Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto, con dirección deste último.

 

Artigos relacionados

Back to top button