CulturaCulturaÚltima horaVídeos

A obra da artista Lola Doporto volve neste Nadal ao escaparate de Miranda Moda no Barco

 

As marionetas da pintora Lola Doporto, Millarouso (O Barco), dentro e fóra do cadro volven tomar o escaparate de Miranda Moda, na céntrica rúa Conde Fenosa do Barco. Esta creadora natural de Millarouso regresa ao que foi a súa primeira sala de exposicións alá polo verán de 2016, dentro do proxecto MirArte.

 

Lola Doporto con Xocas Miranda, no escaparate de Miranda Moda no Barco.

 

Dende entón a súa plástica, estilo e técnicas teñen ido evolucionando, pero sempre mantendo unha forte personalidade que fai única e moi atractiva a súa obra, cuxo referente son as marionetas. Volvía expoñer neste mesmo escaparate no verán de 2020 e no mes de decembro dese mesmo ano e, agora, tras pasar por salas ourensás como o Centro Cultural Marcos Valcárcel e no Espazo Artístico Roberto Verino, regresa a esta singular “galería” barquense para vestir coa súa obra plástica este Nadal.

 

 

Ademais de varios cadros e de dúas marionetas a tamaño natural, no escaparate pode verse o catálogo da súa última exposición en Ourense, “Saudade de soños”, editado pola Deputación provincial.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button