OurenseÚltima hora

A obra da artista ourensá Meborat estará no Museo Municipal ata o 9 de decembro

A exposición Ollada ao pasado pode visitarse en horario de 11 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas de martes a sábado, e de 11 a 13:30 horas o domingo
Inauguración da exposición no Museo Municipal.

33 lenzos -desde os máis figurativos ata a obra abstracta- e 4 esculturas en pedra conforman a exposición Ollada ao pasado, unha retrospectiva da obra de Modesta Fernández Blanco, coñecida no mundo artístico como Meborat, que permanecerá aberta ata o 9 de decembro no Museo Municipal de Ourense.

Formada na Escola de Arte da Deputación de Ourense, Meborat expuxo por vez primeira na Galería Souto no ano 1976 e, case ininterrompidamente, en diferentes lugares de todo o país, ata 2009, cando o Ateneo de Ourense acolleu a súa última exposición. A artista finou no 2012 e, desde entón, é o seu fillo Adrián Rey quen custodia a obra no seu estudo da Avenida de Portugal. Meborat foi profesora de pintura, no ámbito do Maxisterio, pero tamén foi investigadora das técnicas pero, por riba de todo, foi mestra de artistas: Axudou a diferentes xeracións de estudantes para o exame de ingreso na Facultade de Belas Artes.

A obra pódese visitar en horario de 11 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas de martes a sábados, e de 11 a 13:30 horas os domingos.

 

Artigos relacionados

Back to top button