CulturaCulturaÚltima hora

A obra “El Mentiroso”, o 27 de marzo no Auditorio de Verín

Publicidade

 

Un home en metade dunha partida, na que o xogo se converte en escusa para falar de calquera cousa. Por exemplo, de mentiras. Este é o fío argumental de “El mentiroso”, unha simpática comedia de Carlos Goldoni que a compañá MDM porá en escena o vindeiro 27 de marzo ás 19h. no Auditorio de Verín.

A peza, dirixida a todos os públicos, está dividida en tres actos e relata a historia dun mozo que xamais puido dicir a verdade. O seu elenco artístico está formado por Daniel Vignolo, Mauricio Albera e Javier Calleja.

As entradas deste espectáculo xa están dispoñibles, a un prezo de cinco euros, en ataquilla.com.

 

Artigos relacionados

Back to top button