CulturaCulturaÚltima hora

A obra en tinta chinesa do valdeorrés Rubén Álvarez, no escaparate de Miranda Moda no Barco

 

No mundo da tinta chinesa mergúllase a nova exposición do proxecto “MirArte”, que promove dende hai anos a tenda Miranda Moda no Barco. Así durante as vindeiras semanas no seu escaparate, situado na céntrica avenida Conde Fenosa, pode verse unha selección de obras o artista barquense Rubén Álvarez. Esta é ademais a primeira exposición deste creador na súa vila natal. Paisaxes valdeorresas, pero tamén doutros puntos da xeografía galega, son algunhas das obras que se integran, de xeito moi acertado, neste espacaparate.

“Dende pequeno sempre tiven moita afección polo debuxo, pero, por circunstancias da vida, non puiden dedicarme a el. Comecei debuxando a lapis e carboncillo, despois toquei a pintura ao óleo, ata que descubrín a pluma de inmersión e a tinta chinesa. Fascinábame o feito de poder debuxar cunha combinación de metal e tinta, como se facía antigamente para escribir e realizar bocetos ou debuxos. Co tempo, descubrín o realismo en debuxos que parecían auténticas fotografías en branco e negro, e impresionoume tanto que decidín aprender esa técnica”, explicaba este autor en declaracións ao Periódico O SIL.

Leva arredor de 8 anos mergullado nesta técnica, que considera “moi dura e delicada”. Agora comparte estes fermosos e elaborados debuxos cos seus veciños a través da proposta “MirArte”.

Dende Miranda Moda destácase tamén a boa acollida que está tendo esta mostra, que, cando menos estará ata mediados do mes de outubro.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button