CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

A obra “María e o lume” do CEIP Condesa de Fenosa gaña un concurso escolar sobre o cambio climático

Os alumnos de 2º de Primaria foron recibidos por pais e profesores cunha gran pancarta

Cunha gran pancarta de benvida e un caluroso aplauso, recibían pais de profesores do CEIP Pluriligüe Condesa de Fenosa do Barco, aos alumnos de 2º de Primaria. O motivo, felicitalos polo premio que a peza teatral de creación propia “María e o lume” conseguiu no concurso “Que efectos ten o cambio climático no teu concello?” convocado pola Deputación de Ourense.

Despois do éxito acadado coa representación no Teatro Lauro Olmo o 28 de maio, os nenos e as nenas do Barco representaban a súa obra na mañá do 11 de xuño no Teatro Principal de Ourense para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente. Xunto ao Condesa, foi finalistas do concurso o CEIP Divina Pastora tamén do Barco e despois da representación de ambos colexios, o xurado proclamou “María e o lume” como a mellor obra do certame.

Tal como explican dende o centro educativo barquense, “esta función teatral é o produto final do proxecto educativo “Investigalume” que mestres e alumnado de 2º curso levaron a cabo dentro do programa PITEAS que desenvolvimos neste curso”.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button