ConcellosÚltima hora

A obra “Retrincos de Castelao”, música de Abertal e unha feira do libro, entre os actos das Letras Galegas na Rúa

Escena da peza teatral “Retrincos de Castelao”, que poderá verse na Rúa./ Foto: Culturactiva.

A praza do Concello da Rúa será o centro neurálxico dos actos cos que se celebrará o Día das Letras Galegas neste municipio valdeorrés. Así entre as 11h. e as 13h. do 17 de maio instalarase nese lugar a Feira do Libro ruesa. Ademais en torno ás 12h. terá lugar un acto de homenaxe a María Victoria Moreno Márquez, coa actuación da Escola de Gaitas Abertal.

 

Actuación de Abertal nos actos das Letras Galegas do pasado ano na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

Ademais ás 18h. porase en escena no Centro Cultural Avenida a obra de teatro “Retrincos de Castelao”, unha comedia dirixida por Diego Rey e interpretada por Isabel Risco e por Fran Rei. É un espectáculo de Culturactiva.

A programación das Letras Galegas organizada polo Concello da Rúa completarase o 19 de maio ás 20h. na Casa da Cultura. Procederase á reposición da escultura en granito da “Gaiteira”, despois da súa restauración.

Artigos relacionados

Back to top button