CulturaCulturaÚltima hora

A obra teatral “En Familia”, nos escenarios do Barco e da Rúa en outubro

Os días 11 e 12 deste mes representarase ás 21h. no Teatro Lauro Olmo e o vindeiro 14 de outubro ás 19:30h no Centro Cultural Avenida
Cartel da representación.

Un par de meses despois da súa estrea, a obra teatral “En familia”, escrita por Florencio Sánchez e dirixida por Raúl Rodríguez da Silva volve a representarse no escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco. Será os días 11 e 12 de outubro ás 21h. Ademais o vindeiro 14 de outubro ás 19:30h haberá outra función desta volta no Centro Cultural Avenida de A Rúa. Nesta peza cóntase a historia dunha familia de clase media que cae en desgracia tanto a nivel económico como social e moral.

Ten uns 90 minutos de duración e está interpretada por un elenco de actores valdeorreses: Manu Dosouto (Damián), Francisca Fernández (Mercedes), Anxo Baranga (Jorge), José Luis Conde (Eduardo), Sabela López (Emilia), Blanca Cotado (Delfina), Amparo R. de Dios (Laura) e Jorge Moral (Tomasito).

Artigos relacionados

Back to top button