ConcellosÚltima hora

A oficina de turismo da Rúa reabre as portas

Soledad, Susana e Luis, na oficina de turismo da Rúa.

 

Tal como adiantaba o alcalde da Rúa Álvaro Fernández hai un par de semanas, na mañá deste luns 2 de maio a Oficina de Turismo-A Rúa poñíase de novo en marcha, con Soledad Figueroa de Solfiro Comunicación á fronte, acompañada novamente por Susana de la Cruz e Luis Carrón, e coa mesma función dinamizadora.

Así, á parte de traballar como punto de información tamén o fará “na integración das distintas asociacións para organizar e coordinar as actividades porque canta máis xente haxa implicada, mellor, máis alá do que poida organiza o Concello”, en palabras do alcalde.

 

O peregrino da Bretaña francesa que parou hoxe na Rúa.

 

Con respecto á función informativa, sendo punto de selado de credenciais a oficina de turismo é parada obrigada para os peregrinos que están facendo o Camiño de Inverno e esta mesma mañá recibían ao primeiro da Bretaña francesa… “Todo un peregrino que leva percorrido moitos camiños”, asegura Soledad.

Nesta nova etapa que comeza hoxe, a oficina cambia de horario e permanecerá aberta todos os días (domingos e festivos incluídos) de 10 a 14 horas; e os venres e sábados tamén de 17 a 20 horas.

 

Selando a credencial ao peregrino.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button