ConcellosÚltima hora

A oficina do INSS no Barco só atenderá con cita previa a causa do coronavirus

Exterior da oficina do Instituto Nacional da Seguridade Social no Barco.

 

Durante os vindeiros 15 días a oficina do Instituto Nacional da Seguridade Social no Barco só atenderá aos cidadáns que teñan cita previa. Así pode lerse nun cartel informativo colocado na cristaleira da mesma. Nel tamén se detallan unha serie de instrucións: “se ten cita previa, non entre antes de 10 minutos da súa hora prevista”.

Ademais resáltase que esta medida aplicarase “de forma excepcional a causa do coronavirus” ao longo das dúas próximas semanas. No cartel indícase así mesmo que “intentamos minimizar as aglomeracións de persoas, como medida sanitaria de prevención e protección do público e das persoas que traballan nesta oficina”.

E resáltase que “só se necesita realizar un trámite urxente pode pedir cita previa” nas webs do Instituto Nacional da Seguridade Social. “Se pode facer a xestión máis adiante ou por medio da web ou da sede electrónica, non pida cita”, matízase.

Artigos relacionados

Back to top button