CulturaCulturaÚltima hora

A Oficina do Peregrino implanta un sistema online de axuda á obtención da Compostela

Web da Oficina do Peregrino.

 

A Oficina de Acollida ao Peregrino, da Catedral de Santiago, desenvolveu un sistema online que permite ao peregrino facilitar o proceso de obtención da Compostela. Neste senso, os datos persoais que se completan no momento de recibir a Compostela poden rexistrarse de maneira previa a través da web (www.oficinadelperegrino.com).

Ademais, unha vez chegado ao edificio do Centro de Acollida ao Peregrino, débese retirar un ticket, que axiliza a xestión da cola. O ticket contén un código QR mediante o cal o peregrino pode consultar o estado da fila en tempo real, de maneira que pode calcular o momento no que debe presentarse na oficina, evitando tempos de espera.

Artigos relacionados

Back to top button
Close