ConcellosO BarcoÚltima hora

A oficina itinerante da Policía Nacional, no Barco o 5 de outubro para expedir o DNI

A partir de mañá o Concello comezará a dar cita ás persoas interesadas en realizar estes trámites

Edifico multiusos do Barco./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco comezará mañá, mércores, a partir das 9:30 horas, a dar cita as xestións de renovación do DNI nesta vila. “O equipo da Policía Nacional atenderá aos citados o día 5 de outubro nunha oficina que se habilitará na segunda planta do Edificio Multiusos, para garantir a distancia de seguridade tanto para os traballadores como para os usuarios”, tal e como informa o Concello barquense.

Ademais, dende esta administración local, indícase que “todas as persoas que acudan a realizar trámites deberán de facelo inescusablemente con máscara sen válvula exhalatoria (prohibidas por DOG 27/06/2020)”.

Así mesmo, os cidadáns acudirán sempre con cita previa que será xestionada polo propio Concello, tal e como viña facendo ata o de agora, coa condición de que se estableceron franxas horarias para que ningunha persoa acuda antes da súa hora.

No caso do Barco, o horario será de 9,30 a 12,30, con 12 franxas de 15 minutos cada unha, e 5 persoas por franxa. A finalidade é evitar na medida do posible a concentración innecesaria de persoas, en corredores, dependencias contiguas ou na propia vía pública.

En total, atenderase a 60 persoas durante a mañá. Mentres esta situación o requira, os cidadáns deberán de abonar a taxa exacta en efectivo (12 euros) co fin de evitar na medida do posible o intercambio de moedas e billetes. Así mesmo, as fotografías, cando sexan necesarias, levaranse cortadas polo cidadán.

Artigos relacionados

Back to top button
Close