ConcellosÚltima hora

A Olympus nas festas de Xares

Esta localidade veiguesa despregará un programa con propostas moi diferentes a partires do 17 de agosto
A igrexa de Xares, nas festas do pasado ano./ Foto: Carlos G. Hervella.
A igrexa de Xares, nas festas do pasado ano./ Foto: Carlos G. Hervella.

O pobo de Xares (A Veiga) vestiarase de festa durante tres días, do 17 ao 19 de agosto, con actividades pensadas para todas as idades. Comezarán o día 17 ás 19:30h. cun concurso de tortillas. Esa mesma tarde, terán lugar desde as 17h. xogos para os máis pequenos como o baño de escuma, inchables, etc. Unha vez papadas as tortillas e despois de botar uns grolos, a discomóbil comezará a soar a media noite para facer bailar aos asistentes.

O 18, día grande das festas, ás 13h. haberá misa, procesión e sesión vermout coa charanga Solana, e pola tarde, xogo de bolos celtas para ir quentando motores e recibir no campo da festa á orquestra Olympus.

O 19, trala misa coa procesión ás 13h, a sesión vermout coa charanga Solana e un bo xantar, en torno ás 20h. a orquestra Son de Vigo, unha chocolatada e discomóbil a partires da unha da madrugada, porán o broche ás festas de Xares 2014.

Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button