CulturaEducaciónÚltima hora

A ONG Save the Children recoñece o labor do CEIP de Quiroga

O centro foi nomeado “embaixador na defensa e promoción dos dereitos dos nenos”
O representante en Madrid de Save the children entregando a placa á directora do CEIP de Quiroga, Ana Mª Núñez.
O representante en Madrid de Save the children entregando a placa á directora do CEIP de Quiroga, Ana Mª Núñez.

O CEIP de Quiroga vén de recibir o recoñecemento da ONG Save the Children, “polo seu labor de colaboración durante os últimos nove anos”, co nomeamento de “Centro embaixador na defensa e promoción dos dereitos dos nenos”.

Tal como explican dende o colexio de Educación Infantil e Primaria de Quiroga os centros embaixadores “son aqueles que se distinguen polo seu traballo xunto a Save the Children na defensa e promoción dos deritos do neno, a través da súa participación activa e continuada en campañas e iniciativas solidarias”.

O acto de recoñecemento tiña lugar na mañá do 19 de xuño durante a celebración do festival de fin de curso e consistiu na entrega á directora do colexio, Ana Mª Núñez García, dunha placa conmemorativa e dúas de metacrilato, por parte do representante da ONG en Madrid, Juán Gulló, quen se desprazou ata Quiroga para o acto no que estaba presente gran parte da comunidade educativa.

Back to top button