CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A organización da Convivencia de Educación Infantil “Cholo e Nela” cancela a edición deste ano

A Asociación Pro-Convivencia Ed. Infantil vén de emitir un comunicado oficial con motivo do coronavirus

Cholo e Nela na convivencia do ano pasado na P. de Trives. /Foto: Carlos G. Bellver.

 

Dende o Arco da Vella, e despois de percorrer galaxias, Cholo e Nela mandáronnos esta mensaxe por whatsapp e por correo electrónico:

“Queridos amigos e amigas que organizades a nosa festa, e tamén a todas as mamás, papás, familias e profes que participades nese día de ledicia, e as institucións que colaboran e se divirten connosco, e sobre todo a tódolos nenos e nenas que ían participar coma sempre, con ledicia, ilusión e con moitas ganas de xogar connosco.

A pandemia declarada na data de hoxe, 11 de marzo de 2020, pola OMS por mor do COVID-19 e as decisións adoptadas polo Goberno e a Xunta de Galicia ante a situación que se está a vivir, desaconsellan que este ano nos poidamos reunir, pois , a data de hoxe, non sabemos se isto sería posible no mes de Maio.

A organización da festa de Cholo e Nela implica a toma de decisións e un traballo importante polo equipo organizador, en distintos ámbitos: deseño de xogos, obradoiros, xestións económicas, institucionais, nos meses previos. Isto require un traballo previo de meses, especialmente intenso nos meses de abril e maio. A incerteza da situación aconsella a suspensión da actividade, dende a responsabilidade.

Por iso lamentamos que este ano non poidamos celebrar a nosa reunión e convivencia.

Ao mesmo tempo comezamos dende xa un camiño para chegar a Maio do 21 e vérmonos de novo.

Lavade ben as mans con moito xabón e facerlle caso ás profes e aos profes…

Mil biquiños dixitais dende o Arco da Vella”

Cholo e Nela

Artigos relacionados

Back to top button