ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

A organización do nacional de 10K, froito do esforzo de moitas persoas e entidades

 

A celebración deste exitoso XIII Campionato de España de 10 km en ruta no Barco é o resultado do esforzo e traballo de moitas institucións, entidades e persoas. Dende o Concello do Barco, que acolleu a proposta realizada dende o Club Adas e a Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo, así como das entidades que o apoiaron como a Deputación de Ourense, os diversos patrocinadores, ou a propia Federación Galega de Atletismo.

E no traballo sobre o terreo realizado para este campionato durante esta fin de semana tamén foi fundamental para facer posible esta proba a colaboración de 24 voluntarios (que se ocupaban dende a entrega de dorsais, a colocación de cinta e conos ou do reparto de bebida ata a colaboración na entrega de premios), da Policía Local na preparación do circuíto e velando pola seguridade, así como de diferentes agrupacións de Protección Civil (como as do Barco, A Rúa e Manzaneda), GES Valdeorras, e, por suposto a do equipo da FGA, entre eles os xuíces.

Tamén foi importante o apoio do persoal sanitario e de ambulancias. De feito, para este campionato montouse un dispositivo sanitario no que se contaba con: 2 Uvi móvil, 1 intervención rápida, un hospital de campaña,  2 médicos, 1 DUE e 6 Técnicos Emergencias. Dende o Sergas tamén se sinalaba que “as incidencias da carreira atendéronse nohospital de campaña” e que unicamente se trasladou “a unha persoa ao Hospital de Valdeorras, atendida en urxencias e xa de alta”.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button