Deportes

A orientación mantense fiel ás Festas do Cristo no Barco de Valdeorras

Preto de 30 deportistas participaban na 2ª proba da IV Copa Deputación celebrada na mañá do 15 de setembro

 

Ademais de atetismo e fútbol, a xornada dominical das Festas do Cristo acollían a tradicional proba de orientación que se celebraba pola mañá á beira do río, no Barco de Valdeorras.

Organizada polo Club Peña Trevinca xunto coa A.D. Limiactiva en colaboración co Concello do Barco, a media mañá celebrábase unha sesión de xogos previos para nenos e maiores, e xa pasadas as 12:30h. comezaba a carreira propiamente dita, por parte do paseo do Malecón e o Salgueiral (atravesando a pasarela) na que tomaron parte 26 deportistas de diferentes categorías, dende prebenxamín ata veterano. Os percorridos foron unha mestura entre liñais e score (sen orde), saínda todos xuntos.

A Copa Deputación de Orientación consta de 3 probas e na clasificación final puntúan as dúas mellores participacións das 3 probas programadas. A entrega de premios farase ao final da terceira.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Fotos: Ángeles Rodríguez /Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button