DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A orientación retou á chuvia

Uns 35 deportistas participaron na carreira das Festas do Cristo

Finalmente as previsións cumpríronse e na mañá do 13 de setembro a chuvia caía sobre Valdeorras. Mais a auga non impedíu que se celebrara a IV Xornada de Orientación que reuníu a preto corenta orientadores no malecón do Barco, en plenas festa do Cristo.

Unha quincena de rapaces participaban a primeira hora no labirinto preparado na praia fluvial e uns 35 facíano na carreira score, cun percorrido por todo o malecón e a área recreativa e cuns vinte controis.

Dende a sección de orientación do Club Peña Trevinca Barco, organizadora da proba en colaboración co Concello do Barco de Valdeorras, valoran positivamente o desenvolvemento da proba así como a asistencia, con xente do Barco, A Rúa e San Clodio.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button