DeportesÚltima hora

A orientadora valdeorresa Mailén Aller faise co primeiro posto no Trofeo Serranía O’Camp 2019

A deportista do Club Peña Trevinca Barco vencía na categoría F12, na proba celebrada en Cuenca

Irene Monseco (O-Charlies Orienta-T, Madrid), Sara Nogueras (Fluvial de Lugo) e Mailén Aller (Trevinca Barco, Ourense).

 

O club Peña Trevinca Barco está de noraboa. A xove orientadora valdeorresa Mailén Aller Pfirter, vén de conseguir o primeiro posto no Trofeo Serranía O’Camp 2019 disputado esta fin de semana nos mapas de Mariana e Mohorte de Cuenca.

Tal como explican dende o club, Mailen lograba esta vitoria na categoría feminina para menores de 12 anos (F12), como “resultado da segunda posición obtida na carreira de distancia media disputada o sábado 24 (onde perdía 18 segundos coa primeira clasificada, a atleta madrileña Irene Monseco), e do primeiro posto na carrera de distancia longa onde vencía á mesma atleta por 1 minuto e 3 segundos”.

Fotos cedidas.

Mailén Aller durante a entrega de premios, coa bandeira galega.

Artigos relacionados

Back to top button