Rubiá celebraba no día de onte, sábado 24 de agosto, o día grandes das festas patronais de San Bartolo. Así, a orquestra Costa Dorada foi a encargada de amenizar a tarde e a noite.
A praza estivo abarrotada durante os dous pases, que tiñan lugar ás 21:30 horas e á unha da madrugada. No pase de tarde, o repertorio estivo cargado de pasobles, cumbias, etc., mentres que na verbena os protagonistas foron o reggaeton e a música actual.
Hoxe, domingo día 25, será o turno da orquestra Suavecito para pechar as festas.
Fotos: Alba Prada.