ConcellosÚltima hora

A orquestra Ledicia, nas festas da Pobra de Trives na honra a San Bartolomé

O programa desenvolverase os días 23 e 24 de agosto na capital da comarca trivesa
A orquestra Ledicia, co cantante de Bidueira (Manzaneda) Maikel Ricoy./ Foto: Carlos G. Hervella.

Coas festas na honra a San Bartolomé, A Pobra de Trives porá o broche a un intenso mes de agosto ateigado de actividades.

Será os días 23 e 24 coa música como protagonista, á parte dos cultos na honra ao santo. O xoves a charanda Nova Terras de Trives dará un pasarrúas pola mañá, e pola noite (23h.) a verbena correrá a cargo da orquestra Ledicia liderada polo cantante Maikel Ricoy, natural de Bidueira (Manzaneda).

Ao día seguinte, venres 24 pola mañá a charanga BBB será a encargada de anunciar a festa cun pasarrúas polo pobo que repetirán xa pola tarde (19:30h.). A festa de tarde a partires das 19:30h. e a verbena,correrán a cargo da Disco Móbil Impacto.

O pograma está organizado por unha xove comisión de festas que será tamén a encargada das festas do Cristo e da Dolorosa, a mediados de setembro.

 

Cartel das Festas de San Bartolomé.

Artigos relacionados

Back to top button