CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A orquestra Marbella porá o broche musical ao día grande das Festas de Santa Rita

O 22 de maio pola mañá celebrarase a procesión e a Banda de Música do Barco dará un concerto
Bailando no campo da festa no Malecón. /Foto: Carlos G. Hervella.

Despois de catro días, as Festas de Santa Rita celebrarán mañá, 22 de maio, o día grande con cultos e música durante todo o día.

O programa relixioso arrancará ás oito da mañá, con misas cada hora ata as 12h. momento no que comezará a procesión coa imaxe da Santa polas rúas da vila acompañada pola Banda de Música do Barco, seguida da eucaristía na igrexa parroquial.

Ás 14h. a banda dará un concerto na praza José Otero e pola tarde, a orquestra Marbella porá o broche á Santa Rita 2018, con baile no Malecón en sesión de tarde, de 20:30 a 21h.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close