ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A orquestra Panorama abre as Festas de Verán en Quiroga

A gaiteira galega Susana Seivane actuará mañá, sábado 10 de agosto, a partir das doce e media da noite

Malia as previsións de chuvia, finalmente o tempo permitía que a orquestra Panorama despregase todo seu espectáculo, na noite do 8 de agosto nas inmediacións do pavillón de Quiroga. Comezaban así as Festas de Verán deste concello do sur de Lugo que está que se prolongarán ata o domingo.

Hoxe continúase coas actividades festivas no parque da Constitución, onde se celebrará a XIV Festa da Comunidade. A partir das 21h. todos os participantes poderán degustar unha gran paella baixo unha carpa que se instalou na zona, dadas as previsións meteorolóxicas que seguirán inestables durante esta xornada. A cea rematará cun animado baile a cargo do Dúo Camelia.

A celebración. continuará durante a fin de semana. Mañá sábado, ás 121h., inaugurarase a XXVIII Mostra do Mel coa animación musical do grupo de gaitas Os do Recanto. Tamén haberá maxia, ás 12 e ás 20h. a cargo da compañía Animatium na caravana situada na rúa Real.  O baile correrá a cargo do grupo Atenas a partir das 22h. e as 00:30h. actuará a gaiteira Susana Seivane.

O domingo pola mañá haberá unha alborada coa banda de Música de Chantada que tamén dará un concerto ás 13h. diante da Casa do Concello. Pola tarde, ás oito haberá un espectáculo infantil de rúa, O Folión Zampón a cargo de Fantoches Baj, ao longo da rúa Real; e a partir das nove e media da noite, baile a cargo do grupo Nazaret. A verbena correrá por conta do grupo Limón.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button