OurenseÚltima hora

A ourensá Blanca Corrales logra un bronce no galego de salvamento e socorrismo deportivo

A nadadora do Salvour conseguía ademais dúas marcas mínimas para o campionato de España infantil

Cunha medalla de bronce regresaba o Club Salvour da piscina municipal de Carballo, onde se disputaban os campionatos galegos de salvamento e socorrismo deportivo en augas pechadas, para as categorías alevín, infantil e cadete.

O equipo ourensán presentou a unha deportista infantil, Blanca Corrales Gil que lograba subir ao terceiro caixón do podio na proba ba de 100 metros de rescate de maniquí  con aletas. “Tamén participou na proba de 100 metros obstáculos logrando a novena posición e na proba de 100 metros socorrista acadando o sexto posto”, explican dende o Salvour, engadindo que Blanca logrou ademais dúas marcas mínimas para participar no campionato de España infantil que se celebrará os días 9 e 10 de febreiro na piscina municipal de Valdemoro (Madrid).

Fotos: Club Salvour.

Artigos relacionados

Back to top button