CulturaCulturaÚltima hora

A ourensá Cristina Pato debuta como novelista con ‘No día do seu enterro’

O libro, editado por Galaxia na súa Colección Literaria (2022), será presentado este xoves, 9 de xuño, no marco da Feira do Libro de Ourense

Crsitina Pato.

 

Música, escritora, educadora e produtora, a polifacética Cristina Pato que chegou a ser aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” por The New York Times, debuta agora como novelista con No día do seu enterro, publicada pola Editorial Galaxia na súa Colección Literaria (2022).

Trátase dunha obra sobre o poder da palabra, sobre a nobreza dos invisibles e sobre as verdades non contadas. Unha conmovedora historia sobre o que significa reconstruír a vida para poder sacar adiante unha familia, que será presentada no marco da Feira do Libro de Ourense. Será nun acto aberto ao público que terá lugar este xoves, 9 de xuño, ás 19 horas na rúa do Paseo no que a autora estará acompañada por Victor F. Freixanes, Presidente da Real Academia Galega.

 

 

As presentacións da novela continuarán a finais de mes en Vigo (27 de xuño, Libraría Librouro); Santiago de Compostela (28 de xuño, Libraría Couceiro) xunto ao escritor e director xeral de Editorial Galaxia Francisco Castro e na Coruña (29 de xuño, Libraría Berbiriana).

No día do seu enterro é unha historia personalísima que pon en valor a grandeza do pequeno, dos actos desinteresados, das accións que ninguén ve pero que son capaces de transformar a sociedade. Escrita e publicada en galego, a novela está dispoñible en todas as librarías de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button