OurenseÚltima hora

A ourensá Estela Rodríguez, entre as 25 mellores do I Concurso de Interpretación Musical Online

A categoría na que participa é a "C", a cal comprende ata os 16 anos. O concurso está en marcha e pódese votar online

A ourensá Estela Rodríguez clasifícase entre as 25 mellores do I Concurso de Interpretación Musical Online. Este concurso comezou durante o período de confinamento e prolóngase ata a actualidade. Así, está organizado pola fundación valenciana MP Music e divídese en tres categorías. A música ourensá participa na “C”, a cal comprende ata os 16 anos.

 

A música ourensá, Estela Rodríguez.

 

Na primeira fase seleccionaron a 25 de 500 participantes por medio dun vídeo interpretativo de dous minutos, mentres que na fase actual, escolleranse a 5 finalistas mediante un vídeo de entre 6 e 10 minutos. Os 5 finalistas, os cales serán escollidos mediante votación popular e un xurado a través de internet, farán unha actuación en streaming para que finalmente, o xurado escolla ao vencedor. Os premios van dende metálico ata material musical, ademais dunha actuación como solista coa Banda Artística de Buñol, con gravación en DVD.

 

Cartel do concurso.

 

Con 12 anos, Estela Rodríguez estuda no Conservatorio Profesional de Música de Ourense e é compoñente da Banda de Lalín. Ademais, alzouse como gañadora de varios concursos de clarinete. O máis recente foi o primeiro premio no VI Concurso de Clarinete “Cidade de Ourense”, na categoría inferior a 14 anos. Así, calquera persoa poderá votar no concurso no que está a participar na actualidade a través da ligazón https://www.mpmusic.es/concurso.

Artigos relacionados

Back to top button