OurenseÚltima hora

A ourensá Esther Hernández, a primeira muller clasificada na Transgrancanaria 360º

Completaba os 264 quilómetros ao redor da illa, nun tempo de 69:11:47

A Transgrancanaria 2019 é unha dura proba de montaña formada por seis carreiras de diferentes quilómetros na que destaca a 360º, a máis dura con 264 quilómetros de percorrido sen balizar e un desnivel de 13.265 metros positivos que bordea a illa, apta para moi poucos.

A proba comezaba o 20 de febreiro ás 9 da mañá e entre os 81 valentes corredores que se deron cita estaba a ourensá Esther Hernández Pereira (WAA Team) que correu xunto á súa parella Iván Redondo, logrando non só ser unha das 56 que chegaban á meta, senón que subía ao alto do podio como a primeira muller, cun tempo de 69:11:47, quedando no posto 12 da xeral respectivamente (Iván era 13º).

 

Esther Hernández Pereira, na meta.

 

Tras cruzar a meta, Esther aseguraba que a carreira fora máis dura do esperado pola dureza técnica do terreo e as dificultades para a orientación de noite. “Percorre paisaxes espectaculares da illa pasando por poboacións como Mogán, Artenara, Guía, Tejeda,… e tiñamos plan de non durmir ata a segunda noite pero decidimos parar a tarde do segundo día xa 1 hora para saír máis despexados e afrontar mellor a noite, e outra hora máis á mañá seguinte. Aínda así, necesitamos facer unha parada de emerxencia no Barranco final á intemperie”, explica, asegurando que “é moi importante xestionar ben os descansos” e destacando “a boa organización da carreira cunhas bases de vida moi completas e con todo o necesario”.

 

Artigos relacionados

Back to top button