OurenseÚltima hora

A ourensá Esther Hernández sube ao podio na Ultra 100 km da Canfranc-Canfranc (Huesca)

Cun tempo de de 26:06:33 entraba en meta en segundo lugar, a 17 minutos da primeira clasificada
A ourensá Esther Hernández no podio de Canfranc.

Con máis de 700 participantes, un 40% máis que o ano pasado, se desenvolvía esta fin de semana unha nova edición da Canfranc-Canfranc (Huesca) con cinco modalidades: Ultra 100 km, Ultra 75 Km, Maratón, Trail 16 Km e Kilómetro Vertical de Descenso.

E foi na máis longa, a Ultra 100 kilómetros, na que participou a atleta ourensá Esther Hernández Pereira (WAA Ultra) que xunto a outros 149 corredores tomaban a saída na medianoite do venres 7 de setembro dende a incónica ponte da Estación Internacional de Canfranc, con 36 horas por diante para completar o esixente trazado.

Toda una experta nestas distancias (Ehunmilak 100 millas; Riaño Trail Run; Transylvania 100 Km; Guara Somontano 100 Km; Travesera Picos de Europa 76 Km,…), Esther entraba en meta cun tempo de 26:06:33 conseguindo así subir ao podio en segunda posición, a 17 minutos da primeira clasificada, satisfecha de ter sido unha das 62 participantes que conseguían finalizar.

Recoñecida con seis puntos pola organización do Ultra Trail Mont Blanc e con só 100 km, a Canfranc-Canfranc é unha das carreiras de montaña máis duras de España. Unha proba que ten 2 kilómetros verticais, case 9.000 metros de desnivel positivo e un terreo moi técnico, cun percorrido que enlaza ata tres míticas estacións de esquí, co paso por picos por riba dos 2.500 metros como Collarada, La Moleta, Vértice de Anayet o Pico Aspe, que esixen un dominio completo do montañismo e unhas cualidades atléticas de primeiro nivel que sen dúbida ten a ourensá, toda unha loitadora que logra moi bos tempos nas carreiras nas que participa.

 

Artigos relacionados

Back to top button