DeportesNataciónÚltima hora

A ourensá Eva Feijóo, convocada para o mundial de salvamento e socorrismo en Italia

Eva Feijóo do club ourensán, Salvour.

 

A ourensá Eva Feijóo Gómez vivirá unha das citas máis importantes na súa traxectoria deportiva. A socorrista do Salvour foi convocada pola Selección Española Júnior para o mundial de Salvamento e Socorrismo que se disputará entre o 26 de setembro e o 2 de outubro en Riccione (Italia).

A lista, publicada pola Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo tras recibir a decisión do seleccionador nacional, José Miguel Rodríguez Ferrero, está composta en categoría feminina polas socorristas Lola Caballero Fuset (Club Natación S.Ou.S Bétera), Eva Feijóo Gómez (Club Salvamento Ourense-Salvour), Lucía González Gómez (Club A.C.N. Marisma), Mencía Incera Salas (Club de Salvamento Noja Netcan), María Rodríguez Rodríguez da Sierra (Club Natación Martiánez Coral Hotels) e Marta Sirvent Ruiz (Club Leucante).

Dado o excelente estado de forma no que se atopa a socorrista do Salvour, Eva tamén foi convocada pola Federación Galega de Salvamento e Socorrismo para representar á comunidade en categoría absoluta no XXX Campionato de España por Comunidades Autónomas que se celebrará os próximos días 2, 3 e 4 de setembro na piscina municipal de Carballo e na praia do Orzán, na Coruña.

 

Eva nunha proba de praia.

Artigos relacionados

Back to top button