OurenseÚltima hora

A ourensá Leticia Cid, gañadora do certame de declaracións de amor en galego “Lingua de Namorar”

"Ataraxia" foi o texto co que conseguiu o primeiro posto

Leticia Cid recollendo o seu diploma.

 

A ourensá Leticia Cid, de San Cibrao das Viñas, recolleu o seu galardón como gañadora do certame de declaracións de amor en galego “Lingua de Namorar”.

“Ataraxia” foi o texto co que conseguiu o primeiro posto na Categoría B (de 20 a 35 anos). O segundo premio foi para Denís Vicente con “Un vinilo dos Dire Straits”, e o terceiro para Silvia Pérez con “Fuxitivas”.

 

 

O obxectivo é dinamizar o uso do galego entre a mocidade nas súas relacións persoais e en internet. Así, participaron no xurado (presidido pola escritora Rosalía Morlán) Hugo Lozano e Nerea Pallares, gañadores dos 1º premios Xuventude Crea 2019 nas modalidades de Poesía e Relato Breve, respectivamente; Alicia Padín, en representación da Rede de Dinamización Lingüística; Nancy Domínguez, en representación da Rede Galega de Información Xuvenil; Ángela Fernández, en representación da Consellería de Política Social, e Beatriz Corral, en representación da Consellería de Cultura e Turismo.

Artigos relacionados

Back to top button