En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Marisol Novoa, primeira muller presidenta dunha confederación empresarial en Galicia

A candidatura que encabezaba nas eleccións da CEO resultaba elixida por 149 votos a favor, dos 184 emitidos na asemblea celebrada na tarde do 6 de xuño por esta organización empresarial

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) xa conta cun novo equipo directivo, cuxa presidenta é Marisol Novoa. É a primeira vez en Galicia que unha muller preside unha confederación empresarial en Galicia. A súa candidatura era a única presentada á asemblea extraordinaria celebrada na tarde do 6 de xuño en Ourense, tras o anuncio, seis horas antes, da retirada pola encabezada por Lois Babarro.

Malia haber unha soa lista, os estatutos deste organismo din que debe someterse igualmente a votación, e así se fixo. Dos 184 votos emitidos, 149 eran para o equipo de Marisol Novoa, 31 en branco e 4 nulos. O censo de electores ascendía a 323.

A nova presidenta amosaba agradecía os apoios recibidos e amosábase satisfeita e ilusionada polos resultados. Nunha intervención moi breve, Novoa comezou pedindo “desculpas ao empresariado ourensán pola imaxe pouco edificante que trasladamos estes días. Comprométome a dedicar os mellores esforzos para que a CEO ocupe o lugar que se merece e destaque pola unidade do empresariado ourensán e por aunar esforzos en pos dos obxectivos comúns que son: contribuír a mellorar as condicións das empresas e da sociedade ourensá e xeral, que é á que nos debemos”.

 

Marisol Novoa co seu equipo.

Ademais, Marisol Novoa expresaba a súa confianza no seu equipo, ao que agradeceu o esforzo e traballo das últimas semanas e, especialmente, o das mulleres “que me apoiaron e empuxaron para que teña conseguido ser a primeira muller presidenta dunha confederación empresarial en Galicia, circunstancia da que me sinto orgullosa”.

Finalizaba a súa intervención cunha lembranza “especial” para o anterior presidente, José Manuel Pérez Canal, “lamentablemente desaparecido, por confiar en min hai seis anos ao incorporarme ao seu equipo de goberno, no que adquirín a experiencia necesaria que hoxe permíteme asumir a responsabilidade de presidir a CEO”.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Membros da candidatura electa:

Artigos relacionados

Back to top button