ConcellosParada de SilÚltima hora

A paisaxe de Parada de Sil, protagonista do programa “80 cm” de TVE

 

Un equipo do programa “80 cm” da 2 de TVE estivo vén de realizar unha gravación en Parada de Sil ao longo de todo un día, capitaneado polo guionista do programa, o catalán Toni Burón (á fronte dun equipo de cinco persoas), a quen o Concello lle agradece que elixira este municipio para a realización deste programa.

As impresións de Toni Burón é que encontraron o que buscaban no senso de estar rodeados dunha natureza exuberante e nun lugar no que a xente valora o seu entorno e o coida, o que para o Concello é un orgullo.

O programa, presentado por Juanjo Pardo e que se emitirá o 27 de xuño, realizábase no PR-G98 Cañon do Sil-Santa Cristina, ruta deseñada polo presidente do Club de montaña Ribeira Sacra, Xosé Antón Vázquez, con sede en Parada de Sil.

Chamoulles poderosamente a atención a rede de miradoiros en torno ao Canón do Sil, nomeadamente o de Fontiñas, que o Concello porá en valor en pouco tempo e Os Torgás-Balcóns de Madrid onde fixeron tomas cun barquilleiro para recordar o que día a lenda sobre os barquilleiros e a emigración histórica.

Tamén comenta Toni Burón que o deixou impresionado o Castiñeiro de Entrambosríos, de máis de 700 anos de idade, como unha excepcional testemuña do tempo sendo unha parte importantísima da memoria compartindo tamén a reflexión sobre a calidade da castaña da Ribeira Sacra e a necesidade de pola en valor e coidar os soutos.

Así mesmo na gravación aparecerán as grandes capas de musgo tapizando as rochas que son como un pequeno ou grande colchón sobre as mesmas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button