CulturaCulturaÚltima hora

“A paisaxe do Camiño de Inverno”, un libro fotográfico para destacar os recursos naturais do Camiño

As presentacións arrancarán o 13 de agosto no Parador de Monforte e incluirán citas en Lalín, Quiroga, Rodeiro e A Rúa

Portada do libro.

 

A fotografía paisaxística de Adolfo Enríquez ponse ao servizo da promoción turística do Camiño de Santiago co proxecto “Paisaxe do Camiño de Inverno”. Un libro fotográfico con prólogo de José Taboada, presidente do Colexio Profesional de Xeógrafos de Galicia e textos de Aida Menéndez e Mª Asunción Arias, presidentas da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra e Asociación Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, respectivamente.

Estruturado a través de comarcas e con 97 fotografías a todo cor, o libro presenta un fiel reflexo do extenso e destacado patrimonio natural deste Camiño, no que as paisaxes fluviais son os grandes protagonistas.

A primeira presentación do libro terá lugar o venres, 13 de agosto, ás 20 horas no Parador de Monforte, nun evento de acceso libre no que tamén poderá admirarse unha exposición con algunhas das instantáneas que Enríquez realizou para esta publicación e asistir a unha charla entre o fotógrafo e os seus colaboradores.

As seguintes citas terán lugar en Lalín, o día 17; Quiroga, o 19; Rodeiro, o 24 e A Rúa, o 3 de setembro. En todas elas, tamén abertas ao público, poderá gozarse igualmente de mostra fotográfica e coloquio.

Artigos relacionados

Back to top button