ConcellosGalerías de fotosRubiáÚltima horaVídeos

A paixón de Cristo escenificada en Rubiá

OS veciños deste concello valdeorrés representan cada Venres Santo, os últimos momentos da vida de Xesús

 

A piques estiveron de non celebrala. Tras dous anos de pandemia a falta de varios veciños que formaban parte do acto, a escenificación da paixón de Cristo, un dos actos máis destacados na Semana Santa en Rubiá pendeu dun fío, pero finalmente, o párroco conseguía convencer aos voluntarios e logo de varios ensaios, na tarde deste 15 de abril, Venres Santo, este concello valdeorrés volvía revivir os últimos momentos da vida de Cristo. Dende a oración no Monte dos Olivos e o posterior xuízo no que é condeado a morte na cruz, ata o momento da crucifixión e posterior celebración da oración no interior da igrexa.

 

 

Pasadas as seis e media da tarde derste Venres Santo, os actores puxeron en escena con gran realismo o momento máis duro da vida de Cristo, nun multitudinario acto que foi seguido de preto polos fegreses. Dende a praza da Baicela ata o campo preto da igrexa, Cristo percorreu coa cruz ás costas o pobo, simulando o calvario que vivíu antes da súa morte e posterior resurrección.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button