ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A palabra rimada entra en “De Perto” con Yolanda Castaño

A poetisa coruñesa ofrecía un recital de versos dalgúns dos seus últimos libros na tarde do 25 de xuño no Xardín da Casa Grande de Viloira (O Barco)

“É importante recoñecernos coa palabra porque somos palabra en esencia, ás veces cantada, ás veces interpretada e outras veces rimada. É un orgullo pode facer parte desta xeira do De Perto”, dicía Yolanda Castaño (Santiago, 1977) ao inicio do recital de poesía que ofrecía na tarde do 25 de xuño no Xardín da Casa Grande de Viloira (O Barco).

A poetisa era precedida polo técnico de Cultura do Barco, Gustavo Docampo, quen a presentaba como “un gran valor da nosa literatura” e destacaba o ronsel de premios logrados por esta autora dende o seu primeiro poemario, “Elevar as pálpebras” (1995) ata hoxe, ademais da súa faciana audiovisual e no eido da xestión cultural.

A partir de aí, Castaño poñíalle voz aos versos de “Pasei tantas veces por aquí… e nunca vos vira”, seguido por “Metrofobia” e iniciando un recital con poemas dos seus últimos libros, que ía intercalando con comentarios sobre os mesmos.

Tras a palabra rimada, virá novamente a palabra contada e cantada a De Perto da man de Victoria Gullón, natural de Pobra de Sanabria (Zamora), que estará tamén no Xardín da Casa Grande o vindeiro 28 de xuño ás 20.30h.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button