ConcellosÚltima hora

A Panorama nas festas de Fontei (A Rúa)

A orquestra actuará mañá, venres 12 de xuño, despois da cea popular de San Antonio
A orquestra Panorama nunha actuación en Córgomo. /Foto: Carlos G. Hervella.
A orquestra Panorama nunha actuación en Córgomo. /Foto: Carlos G. Hervella.

Mañá 12 de xuño, arrancan as festas de San Antonio na parroquia ruesa de Fontei, e fano ao grande. A partires das nove da noite terá lugar a VII cea popular cun menú a base de entremeses variados e empanada de primeiro, e unha gran paella como prato forte. De postre doces caseiros, e para beber viño, auga, licores e café. O prezo, 15 euros.

E despois da suculenta cea, a partires da media noite, chegará o acto central do programa: a actuación da orquestra atracción Panorama na praza Enriqueta Casanova.

Con todo o día central das festas será o sábado 13 de xuño, día de San Antonio, con procesión ás 12:30h., e pola tarde a actuación de Abertal, seguida pola orquestra Nova Imperial.

Os festexos rematarán o domingo 14 de xuño coa actuacón da orquestra Xacobeo.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button