En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A parroquia ruesa de Fontei despide á Virxe de Fátima cunha multitudinaria procesión

Este ano a celebración tiña lugar nun soleado e caluroso 13 de maio

Dúas son as procesións que centran os cultos na honra á Nosa Señora de Fátima na parroquia ruesa de Fontei. A primeira, a das antorchas celebrábase na noite do venres  10 de maio coa imaxe da Virxe iluminada e seguida polos fegreses con candeas e cirios. E a segunda, a da despedida, marcaba o final da celebración hoxe, luns 13 de maio, pola tarde.

 

Imaxe da Virxe de Fátima que se conserva na igrexa parroquial de Fontei.

 

Despois de varios anos coa chuvia como protagonista, este ano un radiante sol guiou aos devotos que acompañaron á imaxe polas rúas da localidade. Foron nove días de novena, rosaio e misas en horario de mañá e de tarde e hoxe, data na que se conmemora a aparición da Virxe en Fátima (Portugal) tiña lugar a última eucaristía celebrada na igrexa parroquial a partires das seis da tarde. E de seguido saía a comitiva, encabezada polos nenos da Primeira Comuñón, polos membros da Corporación Municipal e polo párroco e seguida por centos de devotos.

 

A imaxe da Virxe é levada a ombros polos homes.

 

Despois do percorrido polas rúas de Fontei ata a praza Enriqueta Casanova, a imaxe de Fátima era conducida pola Telesforo Ojea, Progreso, Doutor Vila, Miguel de Cervantes, Benito Fernández e Padre Feijóo, ata chegar novamente ao interior da igrexa cos fieis despedíndoa cos panos brancos ata o vindeiro ano, un dos momentos máis emotivos da celebración.

 

Os fegreses despiden á Virxe de Fátima trala procesión.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button