En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A parroquia ruesa de Fontei despide á Virxe de Fátima trala procesión vespertina

 

Aínda que normalmente son dúas as procesións que centran os cultos na honra á Nosa Señora de Fátima na parroquia ruesa de Fontei: a das antorchas e a da despedida, este ano unicamente se celebraba a vespertina, que marcaba o final da celebración hoxe, venres 13 de maio, coa imaxe polas rúas da localidade nunha calurosa tarde.

 

 

 

 

Foron nove días de novena, rosaio e misas en horario de tarde e hoxe, data na que se conmemora a aparición da Virxe en Fátima (Portugal) tiña lugar a última eucaristía celebrada na igrexa parroquial a partires das seis da tarde á que asistían o párroco de Fontei, Lisardo Paradelo; o predicador, Miguel Ángel González García (Canónigo da Catedral de Ourense); o director do Seminario Menor de Astorga; o párroco de Pinza e o das Ermitas. E trala eurcaristía saía a comitiva, encabezada polos nenos da Primeira Comuñón, e seguida por centos de devotos.

 

Lanzando pétalos de rosas á Virxe de Fátima.

 

Como adoita ser habitual, en varios puntos do percorrido os devotos lanzaba pétalos de rosas ao paso da Virxe.

 

As nenas da Primeira Comuñón encabezando a procesión.

 

Despois do percorrido polas rúas de Fontei ata a praza Enriqueta Casanova, a imaxe de Fátima era conducida pola Telesforo Ojea, Progreso, Doutor Vila, Miguel de Cervantes, Benito Fernández e Padre Feijóo, ata chegar novamente ao interior da igrexa cos fieis despedíndoa cos panos brancos ata o vindeiro ano, un dos momentos máis emotivos da celebración.

 

Imaxe da Virxe de Fátima, en Fontei.

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button