En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A parroquia ruesa de Fontei honra a San Antón

A procesión coa imaxe deste santo percorría as rúas da localidade no mediodía deste 13 de xuño

Numerosas persoas acompañaban neste mediodía de 13 de xuño á imaxe de San Antón na procesión que percorría Fontei (A Rúa). Na comitiva relixiosa, na que soaba a música da Charanga Nova Terra de Trives, non faltaban as tradicionais “roscas casamenteiras”, portadas polas mulleres.

Ademais dende algúns balcóns había veciños que botaban pétalos de flores ao paso da imaxe. Despois dábase paso á misa. Despois acostuma poñerse á venda na praza as roscas casamenteiras, sendo bendecidas polo párroco. E logo a charanga amenizará a sesión vermú.

Pola noite, ás 21:30h. haberá baile coa actuación da orquestra Televisión. Esta mesma orquestra será a encargada de animar a verbena a partires da unha e media da madrugada. Os actos continuarán o venres 14 de xuño con baile ás 21:30h. coa Disco Móvil Stuu, que tamén lle porá son á verbena á unha da madrugada. A música marcará así mesmo a noite do sábado 15 de xuño coa actuación do grupo Chastton Show ás 21:30h.

O programa festivo do San Antón en Fontei continuará ata a fin de semana.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button